Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

00:00, de ALBERTO ARDID

16 octubre, 2020 - 6 noviembre, 2020

00:00

Un instante.

Ese instante no que a conta atrás do reloxo dunha bomba deixa de mostrar o 00:01 na pantalla e mantén o 00:00 durante un período sostido no tempo.

Un intre á súa vez dividido: o antes e o despois. Miles de cachos de cristal desprendéndose da súa unidade previa para acabar noutros puntos. Todo é envolto por unha onda expansiva aparentemente simultánea, pero con matices de décimas, centésimas, milésimas ou millonésimas de segundo.

E cada un destes momentos tamén son instantes nos que o movemento aparentemente non existe, como no Paradoxo da frecha de Zenón (que endexamais chegará á diana), ao dividir progresivamente tempo e traxectoria en metades até o infinito.

Mais a dinamita estourou, e as pezas que se mostran na galería foron afectadas dalgún xeito pola violencia do azar. Todas agás a propia bomba, que ficou detida nun intre indeterminado entre eses ceros e a explosión.

00:00 é a segunda exposición individual de Alberto Ardid e, así como na primeira (Gravidade, Espazo Cubo. 2019) tiña como temas principais o espazo e a construción, desta volta, o artista sitúa a mostra nun eixo comprendido entre o tempo e a destrución, dividindo a sala Apo’strophe en dous momentos que conviven nun mesmo lugar.

Vídeo da inauguración

https://vimeo.com/user28080096/review/471880941/641cb48af6

Detalles

Comienza:
16 octubre, 2020
Finaliza:
6 noviembre, 2020
Categorías del Evento:
, ,
Etiquetas del Evento:

Organizador

Apo’strophe

Local

Apo’strophe.arte
Plaza Francisco Fernández del Riego s/n
Vigo, Pontevedra 36203 España
+ Google Map
Teléfono
680159639
Ver la web del Local