IV Cadáver Exquisito

O cadáver exquisito é un método de creación colectiva que consiste en plasmar algo a continuación de outra cousa sen preocuparse da coherencia ou sentido que o resultado final puidera ter. É unha técnica utilizada tanto no debuxo coma na literatura dende principios do século XX.
Apo’strophe Sala de Arte, xunto co Festival Keruac e o Colectivo Latente organizan o IV Cadáver Exquisito, tendo como novidade este ano as disciplinas de escritura e fotografía ademáis do debuxo. Eliximos a variante “Al alimón ou cadáver cos ollos abertos”
que consiste en traballar coñecendo todo o que fixeron os anteriores. Esta pauta está dada polo Discurso al alimón sobre Rubén Darío que escribiron Federico García Lorca e Pablo Neruda no ano 1934. No debuxo cada un pode facer o que queira e os demáis poden intervir nos dos outros. No texto común seria como un rolo que se vai desplegando, o que cada cual engadería unha líña ou párrafo.
En fotografía establecerase unha cadea, de tal forma que cada artista recibirá unha imaxe por correo electrónico e deberá atopar unha imaxe no seu arquivo na que se estableza unha relación coa recibida. O artista a enviará ó seguinte da cadea, tamén por correo electrónico, ata chegar ó último participante.
Tras rematala cadea de imaxes, cada artista irá á sala de exposicións onde imprimirá a súa imaxe nunha impresora instalada ao efecto. Esta situarase nun espazo marcado na sala, correspondente co seu orde na cadea, procedendo a ocultar a fotografía sobrepoñendo un folio.
O día da inauguración retiraranse os folios para ver a proposta expositiva resultante no cadáver exquisito.
Para participar na modalidade de fotografía, enviar un correo a photobookclubvigo@gmail.com
Para debuxo e escritura simplemente acercarse a Apo’strophe, CC. Plaza Elíptica-Vigo, en horario de 18 a 21 horas nos días sinalados e disfrutar do evento.

XXVI Photobook Club Vigo

Nueva convocatoria del Photobook Club Vigo.
Espacio de debate alrededor de la fotografía y los photolibros.

XXIII Photobook Club Vigo

Encuentros mensuales abiertos para compartir la pasión por la fotografía, especialmente en formato libro. Si puedes trae un libro de fotografía y déjanos hojearlo, una ocasión más para hablar de fotografía y más concretamente de fotografía de autor. Actividad gratuita y de acceso libre.

XII Photobook Club Vigo

Trae un libro de fotografía que te guste (o no), habla sobre él, déjaselo disfrutar a los demás durante la sesión y sobre todo, hablemos de fotografía.