THOMAS APOSTOLOU, In No Meaningful Way

O título desta exposición, IN NO MEANINGFUL WAY (De ningún xeito significativo), provén dunha obra do artista no formato de instrucións en cartas de xogo.

En inglés, a palabra meaningful (significativo) refírese non soamente a algo que ten un significado, senón que a miúdo este significado está oculto ou non é obvio.

A Thomas Apostolou gústalle mofarse do modo no que percibimos o noso lugar no mundo e a importancia que os humanos outorgan ás súas actividades, incluída a arte. As obras aquí presentadas céntranse nesta idea do sen sentido, mergullándose directamente no que visualmente parece unha inxenuidade.

Vídeo da inauguración

Vídeo de ZIGZAG Diario da Televisión de Galicia