CORREA CORREDOIRA, Montes de Lodeiro

O día 14 de decembro de 2007, paseando con Berta Cáccamo pola mostra LODEIRO no CGAC compostelá, ficamos cravados diante de “Geo nº3,1977”, respirando en empático silencio un espazo levado pola luz ata o sublime. Este cadro vai a estar na presente mostra en Apóstrophe.arte por cortesía da familia Lodeiro, acompañando as pinturas feitas por min en homenaxe a un dos artistas máis auténticos que tiven en sorte coñecer. No mesmo ano 2007 pintei “Montes de Lodeiro”, iniciando a presente serie, aberta o día de hoxe. Expúxena na galería Atlántica e na Fundación Luís Seoane, ambas na Coruña, máis agora é cando teño ocasión de mostrala en Vigo, cidade e ría que foron berce, camiño e máis estrela do noso admirado pastor de “silencios lumínicos”.

Correa Corredoira

 

Vídeo da inauguración

Vídeo do Telexornal da TVG

Vídeo do Zigzag da TVG